Carlos Alberto dos Santos Braumann |
|
There are no translations available.
Universidade de Évora. Portugal. Carlos A. Braumann é profesor na Universidade de Évora (Portugal) dende 1989. A súa actividade investigadora céntrase nas ecuacións estocásticas diferenciais e a modelización de sistemas biolóxicos. Membro da European Society for Mathematical and Theoretical Biology, da cal foi presidente (2009-2012) e membro do equipo directivo (2006-2009). Foi presidente da Sociedade Portuguesa de Estatística (2009-2012) e presidente da Mesa da Asamblea Xeral de dita sociedade entre 1982 e 1988. Reitor da Universidade de Évora (2010-2014), presidente do seu Consello Científico (1999-2001) e vicereitor da mesma universidade entre 1983 e 1987. Membro da Comisión Directiva da Rexión Europea da Bernouilli Society (2008-2012). Investigador asociado visitante na Stony Brook University en New York (1985). Membro representante de Portugal no CEIES (Comité Consultivo Europeo de información estatística nos ámbitos económico e social, 2005-2008). Vocal do CSE (Consello Superior de Estatística de Portugal), en representación do Consello de Reitores Universitarios de Portugal (1989-2002).
|