Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)PortuguésEnglish (United Kingdom)

Home

Datas importantes


Presentación PDF Imprimir Correo-e

O II Encontro Galaico-Portugués de Biometría, con aplicación ás Ciencias da Saúde, á Ecoloxía e ás Ciencias do Medio Ambiente terá lugar os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo de 2016 na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela en Santiago de Compostela. O encontro está organizado pola Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) e pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), e é unha continuación de dous encontros organizados en anos previos polas dúas sociedades:

 

Este II Encontro de Biometría está dirixido a profesionais e usuarios da Estatística, académicos, investigadores e estudantes de doutoramento e máster. O seu principal obxectivo é difundir os últimos avances no desenvolvemento e aplicación de métodos estatísticos e matemáticos na Bioloxía, Medicina, Ecoloxía, Psicoloxía, Farmacoloxía, Agricultura, Medio Ambiente e outras ciencias da Vida.

O programa do encontro incluirá 4 sesións plenarias, 4 sesións invitadas, 1 mesa redonda, e sesións de comunicacións orais e posters, ademais dun minicurso sobre análise de supervivencia.

 

Vídeo promocional:

 

 

Feito con Joomla!. Designed by: joomla templates web hosting Valid XHTML and CSS Adaptado por MJ Ginzo-Villamayor.