Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)PortuguésEnglish (United Kingdom)

Home Comunicacións

Datas importantes


Comunicacións Correo-e
NORMAS DAS COMUNICACIÓNS

O II Encontro Galaico-Portugués de Biometría inclúe sesións de comunicacións orais, cunha duración de 15 minutos, e sesións de pósters (tamaño A0).

Os traballos recibidos serán sometidos a revisión polo Comité Científico, e posteriormente notificarase por correo electrónico o resultado da revisión. Os traballos aceptados serán incluídos nas actas dixitais do congreso.

Como nos dous Encontros previos, os idiomas oficiais de BIOAPP2016 son o portugués e o galego ou castelán. Espérase que os resumos se presenten preferiblemente nun destes idiomas, aínda que tamén se poderán presentar en inglés. Con todo, agradécese que as diapositivas das presentacións orais ou os pósteres se realicen en inglés.

Todos os resumos deben enviarse utilizando o formulario que se inclúe a continuación e cumprir os seguintes requisitos:

  • Os resumos deberán ter, como máximo, 4 páxinas.
  • Preferiblemente deben escribirse en LaTex, pero tamén se aceptan traballos escritos en Word ou en Open Office.
  • Os traballos deben enviarse en formato pdf.
  • Agradécese que os ficheiros dos resumos se nomeen da seguinte maneira: BIOAPP2016_Apellido.pdf, onde o apelido debe ser o da persoa que presente a comunicación oral ou póster.

Descargar o ficheiro modelo para o resumo:
Comunicación oral/poster: TEX - DOCX - ODT - Figura.pdf -  logo.pdf

 

FORMULARIO DE ENVÍO AQUÍ

 

 

Feito con Joomla!. Designed by: joomla templates web hosting Valid XHTML and CSS Adaptado por MJ Ginzo-Villamayor.