BIOAPP2016
Información local
Datas importantes
Santiago de Compostela |
Santiago de Compostela é unha cidade monumental situada preto do centro xeográfico de Galicia, ao noroeste de España. A cidade atópase a 260 metros sobre o nivel do mar e a só 30 quilómetros do océano Atlántico, o que lle confire un clima oceánico húmido que garante temperaturas suaves ao longo de todo o ano. Santiago de Compostela é a capital de Galicia e sede do poder executivo (Xunta de Galicia) e lexislativo (Parlamento) da comunidade autónoma. A súa poboación actual rolda os 95612 habitantes e 21515 estudantes da Universidade de Santiago de Compostela, peza crave da cidade e da educación superior en Galicia durante máis de 500 anos. Ata o século IX, a cidade de Santiago non existía como tal. Ao principio, únicamente existía un pequeno asentamento romano convertido nunha necrópolis co paso dos séculos. Con todo, o descubrimento da tumba do apóstolo Santiago no século IX foi un feito decisivo na historia espiritual de Europa: Santiago de Compostela empezou a desenvolverse durante a Idade Media ata ser un dos tres centros de peregrinación da Cristiandade, xunto con Roma e Xerusalén. Esta ruta de peregrinos milenaria (o Camiño de Santiago) atrae miles de peregrinos e turistas ano tras ano, quenes gozan visitando unha cidade histórica excepcional declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985. Santiago de Compostela é unha cidade cunha estrutura simple. O chamado “casco histórico” corresponde aproximadamente ao área que demarcaban as murallas da cidade no século XI. No casco histórico atópanse numerosos monumentos que poden visitarse, así como museos, fundacións e os edificios máis antigos pertencentes á Universidade de Santiago. Hai tamén numerosos aloxamentos, restaurantes, cafés e pequenas tendas de artesanía que fan do casco histórico un lugar vivo e dinámico. O lugar onde se atopaba unha das portas da cidade, Porta Faxeira, é o paso natural entre o casco histórico e a Alameda. Este parque da cidade, rodeado pola zona monumental, o “Ensanche” e o Campus Sur da Universidade, é tamén o punto inicial dunha ruta de gran interese que percorre as principais zonas verdes de Compostela, proporcionando unhas magníficas vistas do casco histórico e os seus monumentos, e dalgunhas das obras de arquitectura contemporánea máis destacadas da cidade. Mais información: - Para descubrir Galicia: http://www.turgalicia.es/ - Qué ver en Santiago de Compostela: http://www.santiagoturismo.com/ - O Camiño de Santiago: http://blog.xacobeo.es/ |