BIOAPP2016
Información local
Datas importantes
Premios |
A SGAPEIO e a SPE convocan un premio á mellor comunicación sobre aplicacións en Ciencias da Saúde entre as presentadas no II Encontro Galaico-Portugués de Biometría por un investigador/a novo/a. Este premio, dotado con 500 €, está patrocinado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Para optar ao premio, ademais de cumprir os requisitos establecidos nas BASES, hai que enviar unha mensaxe ao enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , co asunto "Premio BIOAPP2016-Ciencias da Saúde". A data límite é o 15 de maio. O xurado valorará as comunicacións tendo en conta o traballo enviado ao congreso, así como a presentación realizada durante a celebración do mesmo nunha sesión de comunicacións especial para os candidatos ao premio. A notificación da concesión do premio e a súa entrega realizaranse durante a cea do congreso. Membros do xurado:
A SGAPEIO e a SPE convocan un premio á mellor comunicación sobre aplicacións en Ecoloxía ou Ciencias do Medio Ambiente entre as presentadas no II Encontro Galaico-Portugués de Biometría por un investigador/a novo/a. Este premio, dotado con 500 €, está patrocinado pola Cátedra Luis de Camoens Universidad Carlos III de Madrid-Banco de Santander. Membros do xurado:
Para optar ao premio, ademais de cumprir os requisitos establecidos nas BASES, hai que enviar unha mensaxe ao enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , co asunto "Premio BIOAPP2016-Ecoloxía‐Medio Ambiente". A data límite é o 15 de maio. O xurado valorará as comunicacións tendo en conta o traballo enviado ao congreso, así como a presentación realizada durante a celebración do mesmo nunha sesión de comunicacións especial para os candidatos ao premio. A notificación da concesión do premio e a súa entrega realizaranse durante a cea do congreso.
A SGAPEIO e a SPE convocan dous premios as mellores comunicacións tipo póster presentados no II Encontro Galaico-Portugués de Biometría. Os premios, dotados con 300 € o primeiro e 200 € o segundo, están patrocinados pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA). Todos os traballos tipo póster presentados no Encontro optarán a estes premios, a non ser que o interesado indique o contrario. O titular do premio será o que apareza como único ou como primeiro autor da comunicación.
|