PUBLICACIÓN DOS TRABALlOS |
SPATIAL STATISTICS
A revista Spatial Statistics vai publicar un número especial con traballos do II Encontro Galaico-Portugués de Biometría (BIOAPP2016) e do 8th International Workshop on Spatio-Temporal Modelling (METMA VIII). Este número titularase “Spatio-temporal statistical methods in environmental and biometrical problems”. Todos os traballos enviados serán sometidos ao proceso de revisión estándar da revista. Os editores convidados deste número son:
- Jorge Mateu. Universidad Jaume I de Castellón.
- Raquel Menezes. Universidade do Minho.
- Francisco Montes. Universitat de Valencia.
- Rosa M. Crujeiras. Universidade de Santiago de Compostela.
O calendario do proceso de revisión é o seguinte:: |
1a data esperada de envío |
10 de xullo do 2016 |
Data límite de envío |
30 de outubro novembro do 2016 |
Data límite para 1a rolda de revisións |
20 de decembro do 2016 |
Data límite de reenvío |
30 de xeneiro do 2017 |
Data límite para 2ª rolda de revisións |
15 de febreiro do 2017 |
Data límite de 2º reenvío |
1 de marzo do 2017 |
Notificación de aceptación |
1-15 de marzo do 2017 |
Data límite de publicaciónn |
30 de marzo do 2017 |
BIOMETRICAL JOURNAL
A revista Biometrical Journal vai publicar un número especial titulado “Joint Modelling and Beyond” que recollerá novas contribucións e avances recentes nas técnicas de joint modelling, en particular para a análise simultánea de datos lonxitudinais e datos de tempo ata evento en todas as áreas das Ciencias da Vida, así como noutras áreas. Este número especial estará adicado, fundamentalmente, aos traballos do II Encontro Galaico-Portugués de Biometría (BIOAPP2016) e do Workshop Joint Modelling and Beyond 2016 (JOINTMODELING2016). Os traballos deben estar motivados por unha aplicación bioestatística relevante ou conter, polo menos, unha aplicación bioestatística para ilustrar novos métodos. Requírese investigación reproducible e os autores terán que enviar o código dos programas e (se é posible) os conxuntos de datos utilizados para ilustrar os modelos propostos ou que indiquen o enlace onde están dispoñibles os datos. Todos os traballos enviados serán sometidos ao proceso de revisión estándar da revista. A data límite para o envío de traballos é o 31 de agosto 30 de novembro de 2016. Os editores convidados deste número son:
- Carmen Cadarso Suárez. Universidade de Santiago de Compostela.
- Nadja Klein. University of Göttingen.
- Thomas Kneib. University of Göttingen.
- Geert Molenberghs. Hasselt University.
- Dimitris Rizopoulos. Erasmus University Medical Center.
|