Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)PortuguésEnglish (United Kingdom)

Home Geert Molenberghs

Datas importantes


Geert Molenberghs Correo-e

Leuven Biostatistics and Statistical Bioinformatics Centre (L-BioStat). Hasselt University. Bélgica.
Geert Molenberghs é profesor de Bioestadística nas Universidades Hasselt and KU Leuven en Bélxica. Obtivo o título de Licenciado en Matemáticas (1988) e o título de Doutor en Bioestatística (1993) na Universidade Antwerpen. O doutor Molenberghs publicou distintos traballos metodolóxicos sobre marcadores de substitución en ensaios clínicos, datos categóricos, análise de datos lonxitudinais e análise da falta de resposta en estudos clínicos e epidemiolóxicos. Foi editor de Applied Statistics (2001-2004), coeditor de Biometrics (2007--2009) e presidente da International Biometric Society (2004-2005). Actualmente é coeditor de Biostatistics (2010--). O profesor Molenberghs foi elixido membro da American Statistical Association e recibiu a Guy Medal in Bronze da Royal Statistical Society. Foi professor visitante na Harvard School of Public Health (Boston, MA), é director fundador do Center for Statistics na Hasselt University e actualmente é director do Interuniversity Institute for Biostatistics and Statistical Bioinformatics, I-BioStat, unha iniciativa conxunta das Universidades de Hasselt e Leuven. Geert Molenberghs e Geert Verbeke son editors e autores de varios libros sobre análise de datos lonxitudinais, con posible presenza de datos faltantes (Springer Lecture Notes 1997, Springer Series in Statistics 2000, Springer Series in Statistics 2005, Chapman Hall/CRC 2007), e impartiron múltiples cursos sobre o tema en universidades e industrias de Europa, América do Norte, América Latina e Australia. Geert Verbeke and Geert Molenberghs recibiron varios premios á Excellence in Continuing Education nos Joint Statistical Meetings polos cursos impartidos.

 

Feito con Joomla!. Designed by: joomla templates web hosting Valid XHTML and CSS Adaptado por MJ Ginzo-Villamayor.