Università di Bergamo. Michela Cameletti é profesora de Estatística no Departamento de Matemáticas, Estatística, Informática e Aplicacións da Universidade de Bérgamo dende decembro de 2008.
No ano 2001 obtivo o seu título de Máster en Estatística, Demografía e Ciencias Sociais coa cualificación de Summa cum Laude na Universidade de Milano-Bicocca, Italia. En 2007 obtivo o doutoramento en Estatística pola mesma universidade.
De outubro do 2005 a decembro de 2008 traballou como investigadora no Departamento de Tecnoloxía da Información e Métodos Matemáticos da Universidade de Bérgamo. Dende outubro do 2007 ata marzo de 2008 foi investigadora no Instituto de Investigación SAMSI (Statistical and Applied Mathematical Science Institute) no Research Triangle Park NC, de Estados Unidos.
As investigacións máis ecentes de Michela Cameletti pertencen á área da estatística espacial e ambiental, e céntranse na modelización de fenómenos ambientais con compoñentes espaciais e temporais. En particular, a modelización da contaminación atmosférica e a integración de datos procedentes de diferentes fontes e con diferentes resolucións espaciais son problemas de especial consideración. Outros temas de interese na súa investigación son os aspectos computacionais relacionados con modelos estocásticos complexos e técnicas de simulación.
|