Università di Bologna. Italia. É profesora de Estatística na School of Economics, Management and Statistics da Universidade de Bologna dende 1994. Doutora en Ciencias (Estatísticas) pola Universidade Catholique de Louvain (Louvain-a-Neuve, Bélxica), foi coordinadora do Programa de Doutoramento en Estatística do Departamento de Estatística da Universidade de Bologna ata 2013. Foi presidenta da Italian Statistical Society entre os anos 2004 e 2008 e presidenta do TIES (The International Environmetrics Society, Section of ISI, International Statistical Institute) entre 2008 e 2011. Así mesmo, forma e formou parte de distintos comités: membro do CNGR (National Committee of Research Trustees) do Ministerio italiano de Educación, Universidade e Investigación entre os anos 2012-2014; membro do Comstat (Steering and Coordination Committee for Statistical Information, Istat) durante 2015-2019 e membro do IASS (International Association of Survey Statisticians) durante os anos 2013-2017. A súa actividade investigadora céntrase fundamentalmente en métodos de mostraxe para poboacións finitas e modelos estatísticos para problemas ambientais. En poboacións finitas os seus resultados tratan sobre solucións Bayesianas para modelos de superpoboación xerárquicos e inferenza en áreas pequenas. En relación a problemas ambientais, a súa produción científica céntrase no desenvolvemento de modelos e métodos xerárquicos para indicadores de calidade do aire. Actualmente colabora con investigadores italianos e estranxeiros e está involucrada na promoción de contactos con institucións interesadas na análise estatística.
|