Luis Filipe Meira Machado |
|
Universidade do Minho. Portugal. Luís Filipe Meira Machado é Profesor do Departamento de Matemáticas e Aplicacións da Facultade de Ciencias da Universidade do Minho, Portugal.
Obtivo o seu título de doutor en 2005 no Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago de Compostela, España. Foi profesor nas áreas de Matemáticas, Enxeñería e Estatística.
A súa investigación céntrase na área de Estatística (Bioestatística), especificamente na Análise de Supervivencia e os Modelos multi-estado. Outros temas de interese na súa investigación son as curvas ROC; a análise de datos con dobre truncamiento; a estimación non paramétrica de curvas en datos de supervivencia (modelos aditivos xeneralizados), etc.
É autor ou coautor de máis de 22 artigos en revistas de investigación e de máis de 50 comunicacións en congresos. Dirixiu unha tese doutoral. Participa ou participou en varios proxectos de investigación, sendo o coordinador nun deles (proxecto financiado pola FCT Portuguese Science Foundation).
Páxina web persoal: http://w3.math.uminho.pt/~lmachado/.
|